DÍA DAS LETRAS GALEGAS: TEATRO EN GALEGO

Este luns, con motivo da festividade do Día das Letras Galegas, tiveron lugar as actuacións do Teatro en Galego.

Este ano, escollemos unha obra representada pola compañía "Teatro dos Ghazafellos" titulada IRIÑA BAILARINA.


Trátase dunha reflexión sobre a igualdade de xénero e os esterotipos sociais.

Para iso, un pirata, un xogador de futbolín e unha bailarina de caixiña de música nos amosan o cambio de roles, cun único desexo: xogar sen límites deixando voar a imaxinación.

Pasamos un rato moi moi divertido, e deixando unha mensaxe clara de que todos podemos ser o que nos apeteza sen importar o noso xénero.

Comentarios

Entradas populares