SALIDA EN FAMILIA - ANDAINA SOLIDARIA

Estimadas familias:

Dirixímonos a vós para propoñervos un día de convivencia en familia e de forma solidaria coa ONG Ecodesarrollo Gaia, na PRAIA DE VALCOVO, realizando  un percorrido pola costa ata Sabón; voltar, xantar e pasar a tarde na praia, facendo actividades e xogos.

ECODESARROLLO GAIA e unha ONG cuxa principal función e a de atender inmigrantes. As súas instalacions sitúanse na Sagrada Familia e teñen integrado na nosa cidade a máis de mil familias na sua andadura. O seu traballo centrase na nosa cidade e o seu principal obxectivo e facer máis doado a dura experiencia de chegar sen nada a un mundo descoñecido. Onde a administración non chega, están eles para apoiar a mulleres e rapaces.

Día: sábado 29 de abril de 2017.
Horario:
  • 11:15 Punto de encontro (Aparcadoiro de Valcovo).
  • 11:30 Comezo da andaina ata Sabón e volta a Valcovo (6km).
  • 14:00 Xantar.
  • 16:00 Comezo das actividades na Praia.

Para poder participar debéis anotarvos neste


Cómo chegar:

Saindo da Coruña hacia Arteixo:

  • Ó chegar a Arteixo, a altura do Eroski, xirar á dereita hacia Avenida de Caión, percorrer 1600 metros e xirar a dereita hacia praia de Valcovo, percorrer 700 metros e xa estades.


Coordenadas: 43°18'57.60"N   8°31'51.44"O



A ANDAINA:  a andaina non ten dificultade algunha, xa que dito percorrido está asfaltado e, incluso, dispón de carril bici. Poderíamos dicir que se trata dun paseo; sen embargo, as vistas e a posibilidade de baixar ás praias en calquera punto ofrece un valor añadido. Percorreremos a praia de Valcovo, Punta da Corveira, Praia de Repibelo, Praia da Cova, veremos a Pedra da Herva, O vixiador (escultura), Illotes Castelotes, Punta de Alba e praia de Sabón. Voltando a Valcovo percorrendo unha distancia total de 6 km.

XANTAR: o xantar será na praia de Valcovo nun dos merendeiros que existen no lugar. Cada un levará auga e comida segundo as necesidades persoais.

ACTIVIDADES E XOGOS: na praia de Valcovo disfrutaremos de xogos que queirades traer para compartir, ademáis de poder xogar ó voleibol, fútbol, brilé, palas, e facer castelos coa area; todos en familia e entre amigos.

Esperamosvos!!!!

Comentarios

Entradas populares