V Festa do Magosto


Coma cada ano, queremos festexar convosco o MAGOSTO; nesta ocasión celebramos a V edición. 
¡Unha castaña!


O Magosto terá lugar sábado, 19 de novembro, de 17,00 a 20,00 na parte superior do colexio, concretamente, no espazo do patio de columnas. 

¡MAGOSTO!


entrada farase por enriba do Colexio (pola zoa da gardería). Aconsellamos aparcar na Universidade.
 

Ademáis este ano, queremos facer un TORNEO DE XADREZ PARA OS NOSOS PEQUES.

Quen queira pode traer xantares ou doces feitos na casa para partillar, e que leven, a poder ser, algún ingrediente propio do tempo no que estamos, aínda que non é requisito necesario. Os agradeceríamos que nos trouxérades á receita utilizada, para poder confeccionar un recetario de cara o final do curso.  Os máis mañosos tamén podedes traer colares e figuriñas de castañas para armar unha mostra de zonchos e creacións artísticas.

Lembrade os vosos tempos da infancia para poder ensinarlles a facer bailar as buxainas; darlle á comba ou soster a goma; poderemos facer equipo con eles nunha carreira de tres pés ou de sacos, axudárlles a manter o equilibrio sobre os zancos ou brincar á mariola; demostrarlles as nosas habilidades coa ra, os aros ou a chave,… en definitiva, vide preparados porque imos disfrutar a reo cos nosos cativos dunha tarde de xolda.    
 

Os esperamos,

Comentarios

Entradas populares