RESUMEN DE LA EXCURSIÓN DE 1º Y 2º A ALVARELLA

O pasado sábado 22 excursionamos a Alvarella cun fantástico grupo de nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria.




Chegamos pasadas as 10 e fomos a ver a granxa do Sr. Pedro, onde nos ensinou un lote de cousas do seu día a día, dende alimentar os becerros, como muxir as vacas e porque xa non lles pon un nome senón que teñen un número. 

E coñecimos o seu can Mus, que é o “máis bo do mundo mundial”, como dicían os nen@s.


No camiño de ida e volta á granxa puidemos recoller castañas e xogar ao fútbol cos erizos.





Xa en Alvarella puxémonos mans a obra cos bugallos e descubrimos unha morea de cheiros. 






E á hora de xantar deleitáronnos cunha crema feita coas verduras de Alvarella e polo con patacas fritas.


Despóis tiveramos un pequeno descanso no que os rapaces xogaron ao fútbol e tamén disfrutaron nun pequeno parque.
Pola tarde participamos nunha serie de xogos populares e tradicionais coa colaboración dunha tea de paracaídas e dunha pelota.


¡Qué ben o pasamos xogando á Bomba, ó Gato e o Rato,...! Tódolos nenos participaron e ríronse moito.
Como colofón, e para rematar, degustaron dunha pequena merenda para repoñer unhas poucas forzas e voltar a casa, xa cansos pero ledos por un disfrutar dun día diferente e divertido cos seus amigos.

Carmen y Mila

Comentarios

Entradas populares