TEATRO EN GALEGO - EDUCACIÓN PRIMARIA

O mércores 18, continuamos festexando o día das Letras Galegas cos nenos e nenas de primaria.

Pola mañá disfrutamos coa compañía Kartarsis, quen nos ofreceu unha mostra baseada en feitos reais e aprendemos que as palabras non son boas nin malas, o que importa é o seu uso. As únicas malas palabras son as que non se din.
 
E pola tarde veu para a escola Caxoto, da Trastenda dos contos, que propón una achega a era do Renacemento mediante Cervantes e Shakespeare, toda unha viaxe no tempo para coñecer como vivían os nosos devanceiros.

Agardamos que vos gustara a todos!!!

Comentarios

Entradas populares