TEATRO EN GALEGO - EDUCACIÓN INFANTIL

Con motivo do Día das Letras Galegas, o APA  organizou uns días de teatro en galego para todos os alumnos.

Comenzamos o martes 10 cos tres cursos de Educación Infantil, que poideron disfrutar da obra de teatro: "Historia dunha Semente", do grupo Caramuxo.


Os máis pequenos gozaron dun espectáculo de títeres e actores cheo de maxia, o cal os introduce nun mundo fantástico e imaxinativo. Unha fábula que reflexiona sobre a natureza e os cambios que se producen nela.

Había unha árbore que crece na pradeira, unha galiña que necesitou da súa axuda para por ovos, un raposo con moita fame, dúas arañas moi divertidas, e unha nube e un sol moi peculiares.

Os nenos divertíronse coas cancións que acompañaron toda a función, coas historias, e cos actores que souberon manter a atención dos máis pequenos e arrincarlles unhas risas en moitísimas ocasións.

Comentarios

Entradas populares