PRIMAVERANDO

Queridas familias, fai tres anos que a Xunta Directiva da APA organiza unha ROMARÍA DA PRIMAVERA que nos achega, a nenos e maiores, ao xeito tradicional en Galicia de festexar o inicio desta época do ano, pretendendo así, favorecer a xuntanza entre as familias.

Será o vindeiro sábado, 9 de abril, a partir das 17:30 h, no polideportivo cuberto da escola e, se o tempo o permite, tamén no patio da escola.

Dispoñeremos de inchables, música de fondo e faremos  obradoiros cos rapaces, de xénero artístico e deportivo, entroncados coa temática da primavera. Poderán participar neles en calquera momento da xornada, repartidos por idades. Como novidade este ano contaremos tamén cun PhotoCall primaveral, a fin de inmortalizar o momento. Para todo isto contamos coa axuda de Axiña.

Pretendemos un encontro interxeracional a través do traballo cooperativo polo que os obradoiros están abertos a nenos e pais.

Dado que o baile sempre foi unha forma de festexar a chegada da primavera, contaremos tamén cun espectáculo de danza a cargo da compañía Artestudio, e faremos a continuación obradoiros de baile.


Agora ben, para facer unha romaría completa, precisamos da vosa colaboración e alentámosvos a traer biscoitos, empanadas, rosquillas, tortas ou o que vos queirades para compartir entre todos.

A entrada é de balde pero agradeceríamosvos que fagades a inscripción neste formulario para facilitarnos a correcta organización dos obradoiros e da actividade en xeral.



Contamos con todos vos...e veña festa!

Comentarios

Entradas populares